A conta de envio de tokens non aparece en ledger

Ola, son novo neste foro e tamén no tema das criptomonedas así que primeiro un saúdo e grazas por poder participar.
Quero plantexar unha pregunta e espero non terme equivocado de foro.
A cuestión é que ao tentar enviar tokens dende a minha carteira ledger para unha exchange a dirección de envio ingresada en metamask non se corresponde coa que me mostra ledger para validar a transación, no seu lugar apareceme a dirección do contrato do token, agradecería se alguen poidera darme algunha indicación de como solucionar o problema.
Contactei con Metamask via support, pero non me concretaron a cuestión pois só me remitiron a uns enlaces sobre problemas que non son exactamente o mesmo.
grazas polo voso tempo e un saúdo.

Ola @mdm, benvido á comunidade MetaMask! :fox_face:

Encantado de telo aquí e encantado de axudarche na túa viaxe ao cripto.

O teu Ledger está conectado á túa MetaMask? Se si, estás enviando desde a túa MetaMask ao enderezo? Poderías proporcionar unha captura de pantalla? Iso proporcionaría información máis útil.

Ola @nakedwinnie, Grazas pola benvida, a resposta a sua primeira pregunta e afirmativa, na segunda pregunta direi que estou tentando enviar dende a carteira ledger para ao enderezo da exchange. Añadir tamén que estou na rede Binance Smart Chain. Podo enviar captura do enderezo público onde estan as moedas e o enderezo de envio,


Espero que responda a sua demanda.
Un saúdo.

É 0x7778… o teu enderezo de Ledger? Todo parece correcto, podes enviar unha captura de pantalla de como cambia o teu enderezo de Ledger a un enderezo de contrato?

Non poido facer unha captura de pantalla na chave ledger, pero de seguro que a dirección que aparece para validar a operación é 0x824a50df… no lugar da dirección de kickex.
De multiples intentos en diferentes navegadores e diferentes extensións so unha vez apareceu a dirección correcta.

Isto é moi raro. Dado que o problema está relacionado co enderezo incorrecto do dispositivo de hardware real, suxeriríame contactar co equipo de Ledger.

Moi raro sí que é, máis eu non sei quen da as ordes nesta parceria, terei logo que perguntar ao ledger tamén como vostede ben dice.

1 Like

This topic was automatically closed after 30 days. New replies are no longer allowed.